Día da Radio 2019

Día da Radio 2019: A Radio Conta reivindica a importancia deste medio dando voz aos “náufragos da vida”

Pablo Candamio

Final do programa A Radio Conta 2018 no Teatro Rosalía. Foto: Pablo Candamio

por Rodrí García

 “¡Buá neno! Se me estropeó la radio. Todas las emisoras echan lo mismo”. David Perdomo atinou cando contaba isto naquela tarde do 28 de decembro do 2013. Non era unha inocentada. Estaba a pasar: todas as emisoras de radio da Coruña emitían o mesmo programa, A Radio Conta. Perdomo sabíao porque era un dos invitados a aquela primeira edición dunha iniciativa pioneira en Europa. A Radio Conta naceu con dous obxectivos: reivindicar a radio, a súa cercanía, a complicidade cos oíntes, o servizo que presta e facelo dun xeito solidario, axudando aos “náufragos da vida”, aquelas personas que precisan do salvavidas de entidades e colectivos para saír adiante.

O pasado 29 de decembro tivo lugar a sexta edición de A Radio Conta e aí volveron soar en bucle as sintonías das emisoras participantes: Radio Galega, Radio Nacional de España, Onda Cero, Radio Voz, Radio Coruña-Cadena Ser, Radio Marca, COPE e Intereconomía. Aí estiveron de novo as risas, que forman parte do ADN da redacción de máis de 30 profesionais de tódalas emisoras, de técnicos a xornalistas, que fan este programa:No 80 por cento das fotos a xente ri”, resumía un destes redactores. Os distintos escenarios que tivo A Radio Conta, desde a Fundación Once, ata o Teatro Rosalía das tres últimas edicións, pasando pola Fundación Barrié e o Paraninfo da Universidade, estiveron sempre cheos de espectadores e de gargalladas. Iso foi posible porque os mellores humoristas galegos foron pasando polo programa e porque as entrevistas e a participación de deportistas, músicos, divulgadores científicos, actores, escritores, políticos ou xornalistas racharon sempre co previsible. Todos eles amosaron unha enorme xenerosidade coa súa presenza neste programa solidario. Tamén houbo emotivos silencios cando responsables e usuarios de Renacer, da Asociación antidroga Antonio Noche, de Ecos do Sur, da Asociación Agalure, de Aspace e de Asperga contaban os seus problemas e as súas demandas sociais.

A emoción puido ás veces ata co curtido presentador de A Radio Conta, Moncho Viña, que nalgunha edición “derrapou” nas bágoas na última curva do programa, eses momentos nos que toca agradecer a tantas persoas a súa participación e xenerosidade. Non foi o único: “Vistes como nos miramos cando remata o programa?”, preguntaba unha das locutoras. Esas olladas emotivas non foron só no ano no que perdemos a Ángel Anca que, xunto coas demais direccións das emisoras participantes, deu o seu apoio a esta iniciativa que un día propuxeron Chus Castro e Luis Llera. Esas olladas cómplices envoltas en abrazos coas que remata cada programa reflicten momentos únicos de A Radio Conta. Neste Día Mundial da Radio o equipo do programa xa está a preparar a edición deste ano que, como a primeira, será o día 28 de decembro.

Publicado en Uncategorized

Fotos 6ª edición A Radio Conta, por Pablo Candamio

This gallery contains 182 photos.

Galería

AUDIO: 6ª edición de A Radio Conta 29/12/18 por Asperga

20181229_200937

Escoita e descarga íntegro a través do Ivoox o audio da sexta edición do programa A Radio Conta, realizado e emitido en directo o 29/12/18 desde o Teatro Rosalía da Coruña, a beneficio de Asperga:

Publicado en Uncategorized

Onde escoitar o 6º A Radio Conta?

black and silver cassette player

De 17 a 20h poderase escoitar a emisión do programa solidario A Radio Conta:

Para toda GALICIA

* Radio Galega frecuencias en FM ou emisión en directo

* RNE -Radio 5: en FM ou AM. Consulta as frecuencias

Para A CORUÑA

*Radio Coruña Cadena-SER : 93.4 FM ou web

*RadioVoz : 92.6 FM ou web (selecciona “A Coruña”)

*Onda Cero: 89.2 FM e web

*Radio Marca:  directo por app ou web (selecciona “A Coruña”). Reemisión Ás 1 AM pola 106.8 FM

*Radio Intereconomía : Reemisión o 2 de xaneiro

COSTA DA MORTE

*Radio Nordés para a Costa da Morte na 92.2 FM. Web

E, cando remate o programa, estará dispoñible a través do Podcast en Ivoox de ‘A Radio Conta’

Publicado en Uncategorized