Audio do 8º A Radio Conta

¿Queres volver escoitar a oitava edición do programa A Radio Conta? Podes facelo aquí:

Ir a descargar

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

A Radio Conta polos heroes da pandemia

Lámina conmemorativa de A Radio Conta 2020, por Siro López

Oito emisoras da Coruña volven unir as súas voces no programa solidario ‘A Radio Conta’. Esta iniciativa chega á súa oitava edición mañá sábado, 26 de decembro de 2020 de 17h a 20h. Será unha retransmisión especial, dedicada ás persoas e entidades que deixaron a pel polos demais debido á pandemia do coronavirus.

‘A Radio Conta’ é un programa coral en homenaxe á radio más próxima, único en Europa. A elaboración corre pola conta dunha redacción que conforman profesionais de Radio Galega, Radio Nacional de España, Radio Coruña-Cadena Ser, RadioVoz, Radio Marca, Onda Cero, COPE e Intercoruña.

Unha chea de convidados aparecerán nestas tres horas de radio coa ollada posta nas persoas que o deron todo na crise sanitaria. Nesta edición especial, poderanse oír voces desde a Garda Civil, a investigación sanitaria, as entidades sociais, as residencias de maiores, o empresariado, o deporte e mesmo a propia radio. Cada unha, co seu compromiso e a súa experiencia marcada polo coronavirus, que tamén deixa historias cotiás entrañables dignas de contar.

De novo, non faltará o humor. David Perdomo, Xosé Antonio Touriñán, Fede Pérez, Marcos Pereiro, Pedro Brandariz e Oswaldo Digón estarán nesta oitava ‘A Radio Conta’ e lembrarán os momentos nos que animaron o confinamento de moitas persoas. Contaremos coa gaiteira Susana Seivane e co actor Tamar Novas, e estará tamén unha habitual dos concursos televisivos, Victoria Folgueira.

O radioteatro terá un especial protagonismo nesta edición. O guionista Óscar Cruz escribiu e dirixiu tres pezas dedicadas a falar, de xeito nada habitual, da pandemia da gripe española ou da Real Expedición Filantrópica da Vacina. Contará coas voces de Paco Lodeiro, Carlos Jiménez, Suso Martínez e os xornalistas das diferentes radios. Darán primicias inéditas e ofrecerán entrevistas exclusivas relacionadas co eido sanitario.

Esta oitava ‘A Radio Conta’ poderá seguirse exclusivamente pola radio, debido ás restricións sanitarias obrigadas pola COVID-19. As emisoras participantes emitirán o programa para a área da Coruña, e tamén se retransmitirá en toda Galicia a través da Radio Galega e RNE. Así mesmo, Radio Nordés e Radio Ferrol sumaranse á emisión desta oitava A Radio Conta nas súas respectivas áreas de cobertura.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

As radios da Coruña únense pola pandemia

Oito emisoras da Coruña volven unir as súas voces no programa solidario ‘A Radio Conta’. Esta iniciativa chega á súa oitava edición o sábado, 26 de decembro de 2020 de 17h a 20h. Será unha retransmisión especial, dedicada ás persoas e entidades que deixaron a pel polos demais debido á pandemia do coronavirus.

O xornalista Moncho Viña conducirá unha vez máis esta homenaxe á radio más próxima, única en Europa. A elaboración corre pola conta dunha redacción que conforman profesionais de Radio Galega, Radio Nacional de España, Radio Coruña-Cadena Ser, RadioVoz, Radio Marca, Onda Cero, COPE e Intercoruña.

Unha chea de convidados aparecerán nestas tres horas de radio coa ollada posta nas persoas que o deron todo na crise sanitaria. Nesta edición especial, poderanse oír voces desde a Garda Civil, a investigación sanitaria, as entidades sociais, as residencias de maiores, o empresariado, o deporte e mesmo a propia radio. Cada unha, co seu compromiso e a súa experiencia marcada polo coronavirus, que tamén deixa historias cotiás entrañables dignas de contar.

De novo, non faltará o humor. David Perdomo, Xosé Antonio Touriñán, Fede Pérez, Marcos Pereiro, Pedro Brandariz e Oswaldo Digón estarán nesta oitava A Radio Conta e lembrarán os momentos nos que animaron o confinamento de moitas persoas. Contaremos coa gaiteira Susana Seivane e co actor Tamar Novas, e estará tamén unha habitual dos concursos televisivos, Victoria Folgueira.

O radioteatro terá un especial protagonismo nesta edición da Radio Conta. O guionista Óscar Cruz escribiu e dirixiu tres pezas dedicadas a falar, de xeito nada habitual, da pandemia da gripe española ou da Real Expedición Filantrópica da Vacina. Contará coas voces de Paco Lodeiro, Carlos Jiménez, Suso Martínez e os xornalistas das diferentes radios. Darán primicias inéditas e ofrecerán entrevistas exclusivas relacionadas co eido sanitario.

Esta oitava edición de ‘A Radio Conta’ poderá seguirse exclusivamente polas ondas das radios participantes, debido ás restricións sanitarias obrigadas pola COVID-19. Nas redes sociais poderanse ver imaxes e sons dos convidados e dos profesionais participantes, a tempo real, co cancelo #aradioconta2020.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Audio e vídeo do 7º A Radio Conta

EM88tD2W4AY-IkQ.jpg¿Queres volver escoitar a sétima edición do programa A Radio Conta? Podes facelo aquí:

Ir a descargar

E, por vez primeira, tamén  podes ver a emisión completa do programa, emitido o 28/12/2019 desde o Teatro Rosalía Castro da Coruña:

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario