Que é A Radio Conta

(que) a radio conta que, por primeira vez, se unen as emisoras de radio da cidade da Coruña para emitir simultaneamente un programa solidario. Radio Galega, Radio Nacional de España, Radio Coruña-Cadena Ser, Onda Cero, Radio Voz, Radio Marca e COPE produciron, realizaron e emitiron por primeira vez este programa o 28 de decembro de 2013. Nesa ocasión foi para recadar fondos para a Asociación Benéfica Renacer da Coruña.

(cando e onde) a primeira edición de A Radio Conta emitiuse o sábado, 28 de decembro de 2013, entre as cinco e as oito da tarde, no salón de actos da ONCE, no Cantón Grande da Coruña, con público e entrada de balde.

(o por que) a radio conta que despois de que en 2012 un grupo de xornalistas organizara un partido benéfico para axudar á Cociña Económica, en 2013 acordouse manter esa acción solidaria pero dando protagonismo ás emisoras de radio. O obxectivo foi animar a colaborar coa entidade benéfica Renacer que leva traballando dende 1985, cando foi fundada polo médico José Fernández Pernas, a prol das persoas en risco ou en situación de exclusión social.

(quen anda aí) a radio conta que recuperou a un veterano, Moncho Viña, para presentar un programa no que houbo entrevistas con entrevistadores moi especiais, actuacións en directo de músicos e humoristas, conexións con distintos lugares e participación do público. Por se Moncho Viña se puxera nervioso diante do micrófono houbo máis de vinte xornalistas, as voces de todas esas emisoras de radio, que foron intervindo durante o programa.

(quen vén sendo) a radio conta que Renacer atende aos que non teñen fogar, a estranxeiros e emigrantes retornados e a quen precisa axuda urxente. Contan con pisos de acollida e almacéns -nos que distribúen comida e roupa- sen esquecer as achegas económicas puntuais para pagar a vivenda, a luz, a auga ou as menciñas. Dispoñen dun centro de formación e ocio para as persoas acollidas.

(a quen) a radio conta agradece en primeiro lugar ás direccións das empresas de radio a súa implicación en nesta iniciativa, de xeito especial agradece a asistencia técnica da Radio Galega que fará posible a emisión. Un agradecemento especial para a ONCE por toda a axuda prestada na primeira edición. E tamén moitas grazas pola participación a todos os convidados e de todas as persoas e entidades que colaboraron.

(o segundo por que) a radio conta que a radio conta, que ten moita importancia a súa proximidade, estar ao carón para contar o que pasa, para prestar ese servizo. Por iso, xunto co primeiro obxectivo solidario, este programa busca tamén amosar a importancia que ten a radio máis próxima.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s